Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo reforza a portería coa chegada de Eric Puerto

O Deportivo reforza a portería coa chegada de Eric Puerto

Asina ata xuño de 2027 con opción a unha temporada máis se o equipo ascende á Segunda División

G24.gal 09/01/2024 18:16 Última actualización 09/01/2024 19:12

O Dépor reforza a súa portería para esta temporada coa chegada de Eric Puerto, un porteiro que actualmente é titular no Antequera CF de Primera Federación e que ten unha gran proxección de futuro.

O club realiza unha aposta a longo prazo por Puerto, que se incorpora ao equipo ata xuño de 2027 con opción a unha temporada máis se o equipo ascende á Segunda División.

O porteiro sevillano formouse nas categorías inferiores do Córdoba CF antes de recalar no Antequera CF de Primera Federación na temporada 21-22.

Na campaña 2022-23 disputou co club malagueño no grupo 4º de Segunda Federación, do que foi campión, 30 partidos como titular. Encaixou 19 goles e estivo 16 partidos coa portería a cero.

No que vai desta campaña, xa no grupo 2º de Primera Federación, xogou 13 partidos en liga, encaixou 12 goles e conseguiu en 7 acabar os 90 minutos coa portería a cero. Ademais participou nun partido na Copa de Rei, ante o CD Manchego Ciudad Real.

Eric Puerto pasou recoñecemento médico na Coruña hoxe martes e mañá mércores adestrarase en Abegondo cos seus novos compañeiros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade