Publicador de contidos
Publicador de contidos

O día a día con osteoporose: convivir cuns ósos fráxiles

O día a día con osteoporose: convivir cuns ósos fráxiles

Ana afronta a diario o que é vivir con esta enfermidade, que padece desde os 20 anos

En España hai máis dun millón de mulleres sen diagnóstico

G24.gal 18/10/2024 18:14

Ana leva dende nena convivindo problemas de tipo reumático. Á artrite que deixa pegada visible no seu corpo sumouse a osteoporose con só 20 anos. Ela sabe ben o que é ter medo no día a día. Unha simple caída pode ser fatal.

"Vas con moito coidado, mirando moi ben onde pisas. A casa está totalmente adaptada, non podes ter alfombras, non podes ter mobles que obstaculicen o teu paso...", conta Ana.

Un medo que a leva a evitar as escaleiras ou descartar cousas tan cotiás como ir a unha piscina. Tamén a ter unha maternidade normal: o simple xesto de coller o seu neno cando era pequeno era algo totalmente impensable.

"Medos todos e máis. Porque o medo era non poder facer unha vida como fan todos os pais de correr detrás do neno, de xogar co neno...", expresa.

Ana puxo nome á súa enfermidade hai décadas e ten un tratamento que lle permite facer máis lento o seu avance. Pero a osteoporose é unha doenza silenciosa e calcúlase que en España hai máis dun millón de mulleres sen diagnóstico.

"As mulleres temos moitos cambios hormonais respecto aos varóns. O óso vai deteriorándose e digamos que hai unha perda de masa máis acentuada que nos pacientes varóns", explica Laura Gamonal, médica especialista en xeriatría.

Os expertos remarcan a importancia da prevención. A combinación de exercicio físico, dieta rica en calcio e vitamina D, xunto coa exposición directa ao sol, son os aliados para loitar contra unha enfermidade que pode acabar por rompernos a vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade