Publicador de contidos

Publicador de contidos

O día despois, por Venancio Salcines

OPINIÓN

O día despois, por Venancio Salcines

0 seconds of 0 secondsVolume 50%
Press shift question mark to access a list of keyboard shortcuts
Keyboard Shortcuts
Play/PauseSPACE
Increase Volume
Decrease Volume
Seek Forward
Seek Backward
Captions On/Offc
Fullscreen/Exit Fullscreenf
Mute/Unmutem
Seek %0-9
00:00
00:00
00:00
00:00
 
Venancio Salcines 07/04/2025 08:01

Os mercados descontan o futuro e, agora mesmo, só observamos, no horizonte, néboas. Por tanto, o predicible é que vexamos novas baixadas nas bolsas mundiais. Dito isto, o mundo enteiro está a chamar a Washington para renegociar a súa posición arancelaria. Na medida en que as nacións máis afectadas, como A China ou Europa, empecen a renegociar, de modo satisfactorio, a súa posición, poderemos ver saír o sol entre as nubes escuras. Ocorrerá? A lóxica indica que si, pero non sabemos cando.

E que debe facer Europa? Aplicar a razón, ser pragmáticos. Se Trump quere facer un haraquiri nós non debemos imitalo. Algúns din que debemos dar imaxe de forza. En absoluto. As decisións equivocadas nunca as pagan os que as adoptan, senón a xente do común. Por iso, tranquilidade e contar ata dez. Unha subida de aranceis pola nosa parte só debe ser en produtos moi específicos, que poidan ser substituídos con facilidade. Por exemplo, España importa dos EUA petróleo, gas e medicamentos. Vamos aplicarlles un arancel? Para que? Para incrementar os custos empresariais e roubarlles capacidade de compra as familias? Por tanto, o dito, tranquilidade e diálogo, moito diálogo coa administración Trump.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade