Cargando resultados...
O dianteiro Manu Barreiro seguirá no Lugo
O dianteiro Manu Barreiro seguirá no Lugo
Manu Barreiro xogará esta temporada e unha máis
G24.gal
01/07/2022 12:35
Última actualización 01/07/2022 12:39
Manu Barreiro seguirá no Lugo. O dianteiro tiña un ano máis de contrato, pero a súa continuidade estaba en revisión . Agás un cambio drástico de última hora, Manu Barreiro xogará esta temporada e unha máis.
Barreiro leva catro temporadas no Lugo, na última marcou sete goles. A próxima semana fará 36 anos. Na situación de Manu Barreiro tamén está o asturiano Canella. Descoñécese que pasará co lateral zurdo.