Publicador de contidos
Publicador de contidos

O dobre scull lixeiro do noiés Caetano Horta, clasificado para os Xogos Olímpicos de París

O dobre scull lixeiro do noiés Caetano Horta, clasificado para os Xogos Olímpicos de París

Os españois foron terceiros na súa semifinal, por detrás de Suíza e Italia

G24.gal 07/09/2023 13:40 Última actualización 07/09/2023 13:51

O dobre scull lixeiro de Dennis Carracedo e do noiés Caetano Horta clasificouse este xoves para a final dos campionatos do mundo de remo que se disputan en Belgrado e, con iso, aseguraron unha praza nos Xogos Olímpicos de París 2024.

Caetano Horta: "É un paso máis pensando nos xogos, que pintan moi ben; na final deste mundial aspiramos a un metal".

Os españois foron terceiros na súa semifinal, por detrás de Suíza e Italia. Na outra semifinal pasaron Irlanda, República Checa e Noruega. Hai sete prazas olímpicas en xogo nesta clase, así que os seis finalistas e o gañador da final B estarán en París.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos