Publicador de contidos
Publicador de contidos

O domingo oleiro volveu ás prazas de Xinzo de Limia polo Entroido

O domingo oleiro volveu ás prazas de Xinzo de Limia polo Entroido

Por precaución ante a covid habilitáronse varios espazos distintos para o lanzamento tradicional das olas

G24.gal 13/02/2022 14:18

O Entroido segue avanzando en Xinzo, e hoxe é o segundo domingo de festa, o domingo oleiro. Unha celebración pensada este ano para evitar aglomeracións. 

O domingo oleiro celébrase este ano en varios espazos distintos da localidade.

Os organizadores buscaron formas para conxugar festa e medidas sanitarias. Por iso, o acto central deste día non se realizou só na Praza Maior. Fíxose en distintos puntos da vila para evitar que se xuntase moita xente. A comisión repartiu 250 olas entre os participantes. E tamén para evitar aglomeracións, ademais da celebración da mañá, vaise realizar outra ás cinco da tarde.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade