Publicador de contidos
Publicador de contidos

O duro labor de retirar a neve da estrada para que a vida poida continuar

O duro labor de retirar a neve da estrada para que a vida poida continuar

O perigo de esborrexer, o corpo mazado pola condución e o reflexo da neve xeran gran tensión

G24.gal 10/03/2024 13:05 Última actualización 10/03/2024 13:33

De luns a venres as máquinas quitaneves de Pedrafita comezan o labor ás oito da mañá, para abrirlle paso á xente que traballa e á rapazada que vai ao colexio. Na fin de semana empezan un pouco máis tarde, pero nada máis comezar xa atopan coches atrancados.

A casa de Emilio está a máis de 1.200 metros de altitude; coñece canta pista, carrilleira e corredoira hai no concello, igual ca os outros cinco condutores e axudantes que traballan canda no municipio, conducindo as tres cuñas e a máquina de carga.

En Pedrafita do Cebreiro tamén hai 17 quitaneves do Ministerio, dúas da Xunta e dúas da Deputación que actúan nas estradas da súa competencia. O peor son as urxencias nocturnas.

O sábado traballaron dúas quiraneves do Concello catorce horas cada unha. En puntos da estrada de Ferreiro a Rubiais a neve supera o metro de espesor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade