Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Encontro de Sober analiza o potencial industrial e social do medio rural

O Encontro de Sober analiza o potencial industrial e social do medio rural

O foro de debate económico que organiza o Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia reúne un cento de relatores de institucións e empresas

G24.gal 09/05/2024 08:58 Última actualización 09/05/2024 14:49

O chamado Encontro de Sober busca ser un espazo de referencia no diálogo entre o rural e a industria. Sinalan que para evitar as ameazas, como é o despoboamento, cómpre impulsar o desenvolvemento e a competitividade da Galicia interior adaptándose ás necesidades actuais e implicando numerosos sectores produtivos.

"Unha nova etapa onde temos que falar de incorporar a industria ao rural e isto estase e debater en toda Europa. Nós temos que falar por exemplo de forestal, e non só para encofrados ou caixas de pescado. A nova construción ten que incorporar a madeira estrutural no seu proceso produtivo", explica Venancio Salcines, presidente do Consello Reitor de CESUGA.

O 95 % do territorio galego é rural e ten un gran potencial que pode ser o motor de moitos postos de traballo.

"Hoxe pódese vivir moi ben no rural, pódese dar un emprego de calidade por parte non só do sector primario senón doutras actividades e polo tanto temos que ser capaces de dar as condicións necesarias para que a xente poida vir a desenvolver eses traballos", sinala José González, Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración.

Durante dúas xornadas, este encontro reunirá preto de 400 asistentes e 80 destacados relatores que participarán en 17 mesas temáticas. Un novo encontro económico que chega para quedar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade