Cargando resultados...
O Entroido máis longo: os mais novos gozaron do Oleiro infantil de Xinzo
O Entroido máis longo: os mais novos gozaron do Oleiro infantil de Xinzo
O domingo oleiro comezou coa actividade infantil, á que segue pola tarde a dedicada aos adultos
G24.gal
05/02/2023 15:24
O segundo domingo tradicional do ciclo do Entroido da Limia arrancou coa participación dos nenos e nenas da vila e visitantes no clásico Oleiro.
O xogo dividiuse en tres zonas na Praza Maior de Xinzo, onde cativos de entre tres e dez anos gozaron co lanzamento das olas. Algunhas delas levaban no interior caramelos ou confetti.
O tempo acompañou nesta celebración que congregou un gran número de rapaces que gozaron de pasar as olas entre eles e de escachalas no chan cando non eran capaces de recollelas.