Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Entroido ourensán suspende desfiles e actos multitudinarios

O Entroido ourensán suspende desfiles e actos multitudinarios

Mantéñense as charangas en movemento e a xente poderá disfrazarse evitando aglomeracións

Laza non terá este ano baixada da Morena
ana lois 25/01/2022 20:37

Este ano non haberá baixada da Morena en Laza, nin desfiles de pantallas en Xinzo, nin xoves de comadres en Verín.  Os concellos do triángulo máxico anunciaron este martes que haberá Entroido pero que se suspenden todos os actos multitudinarios. 

"Non queremos aglomeracións de xente, non haberá orquestras, non haberá actuacións e queremos un Entroido baseado máis no día e menos na noite para que a xente non se aglomere", anunciou esta tarde a alcaldesa de Laza Elvira Lama tras unha xuntanza dos alcaldes do "triángulo máxico".

Haberá charangas en movemento e quen queira poderá disfrazarse e saír á rúa. Pero as autoridades fan un chamamento á responsabilidade persoal para que non se produzan aglomeracións.

"Facemos un chamamento á responsabilidade da xente que pode saír á rúa, pode vivir o seu propio Entroido, ninguén llo pode prohibir pero, insisto, facemos un chamamento á responsabilidade", lembrou Elvira Lama.

Os alcaldes do sur de Ourense confían en que as celebracións non produzan unha nova vaga de contaxios para que o próximo ano volvamos celebrar o Entroido por todo o alto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade