O equipo de natación artística consegue o bronce en París
O equipo de natación artística consegue o bronce en París
España levaba 12 anos sen subir ao podio olímpico nesta modalidade
A expedición española consegue o seu décimo terceiro metal, tras acadar un destacado terceiro posto
12 anos levaba España sen acadar unha medalla olímpica na natación artística. As nadadoras do equipo español conseguen un bronce moi meritorio sendo unicamente superadas polas de Estados Unidos e China, dous xigantes nesta disciplina.
O combinado hispano logrou boas cualificacións na rutina libre e acrobática ao obter a cuarta mellor marca en ambas categorías. O bo rexistro na rutina técnica, 287'1475 puntos que supoñen a segunda mellor puntuación, permitiulles acadar o terceiro lugar na proba, e por conseguinte, a medalla de bronce.
A delegación española suma baixo a auga da piscina olímpica a súa décimo terceira medalla en París.