O español Javier Oliván será o novo xefe de operacións de Meta
O español Javier Oliván será o novo xefe de operacións de Meta
Colle a remuda do posto despois de que o deixara Sheryl Sandberg tras 14 anos
O español Javier Oliván vai ser o próximo xefe de operacións de Meta en substitución da actual número dous da compañía, Sheryl Sandberg, que anunciou este mércores que deixa o posto despois de 14 anos.
Oliván, que ata o de agora era o responsable de crecemento, substituirá a Sandberg o próximo outono segundo anunciou o propio Zuckerberg. Aínda que o español será o novo xefe de operacións, o seu rol será distinto do de Sandberg, que encabezou durante anos toda a rama de negocios de Facebook mentres que Zuckerberg se encargaba da parte máis tecnolóxica.
"Será un papel máis tradicional de director de operacións, no que Javi se centrará interna e operativamente, en base ao seu sólido historial facendo que a nosa execución sexa máis eficiente e rigorosa", sinalou Zuckerberg.