Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Español regresa a Primeira División un ano despois

O Español regresa a Primeira División un ano despois

Dous goles de Javi Puado dan o ascenso ao equipo catalán

G24.gal 23/06/2024 20:19

O Oviedo chegaba con todo de cara a este partido en Cornellá tras gañar o primeiro envite por 0-1. O Español entrou moi ben ao partido asediando a un Oviedo que resistía e tentaba saír ao contraataque, plan no que semellaba que se atopaba cómodo, pero o erro de marca nun córner desatou a euforia nun campo que xa estaba a romper dende antes do comezo do partido. Poucos minutos despois, o autor do primeiro gol, anotaba o segundo tras unha asistencia de Pere Milla ao primeiro toque, tras outro erro de marca por parte do Oviedo. 

Na segunda parte o Oviedo tentou axitar a árbore, pero non foi quen de xerar perigo e de chegar con ocasións claras á portería do equipo catalán. Aínda así o fútbol e impredicible, e no último minuto de partido o Oviedo tivo a ocasión máis clara, un remate que foi ben tapado polo porteiro do Español. E así terminou o soño do Oviedo, e comezou o do Espapñol, con ese ascenso a primeira un ano despois dun fatídico descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos