O euribor rexistra a súa cifra máis alta en 14 anos, por riba do 3 %
O euribor rexistra a súa cifra máis alta en 14 anos, por riba do 3 %
Tradúcese no encaramento de boa parte das hipotecas, pero beneficia os clientes con produtos bancarios de aforro
O prezo das hipotecas segue medrando. O euribor, o principal indicador para o cálculo das hipotecas, empeza o ano batendo todas as marcas. Supera o 3 %. É a cifra máis alta nos últimos 14 anos. Mala noticia para os hipotecados que verán como a cota lles sobe 200 euros ao mes cunha hipoteca media de 100.000 euros a 25 anos.
Mercar unha vivenda cada vez está sendo máis complicado. As familias poden ampararse nas axudas do Goberno. Dependendo dos casos poden pedir unha reestruturación da débeda, aplicar carencias ou aumentar o prazo de duración da hipoteca. Beatriz Gómez economista en Ourense asegura que:
"Estas medidas non son unhas medidas neutrais porque supoñen un sobre custo para as familias porque terán que facer un pago en concepto de interese pola hipoteca polo que en realidade estas incrementado os pagos por iso hai que mirar moi ben que solucionan se adopta durante canto tempo".
A cara positiva é para os aforradores. Coa suba do euribor os cartos valen máis así que as entidades bancarias deberían pagarnos máis polos nosos aforros.