Publicador de contidos
Publicador de contidos

O euríbor encadea a maior baixada desde o ano 2013

O euríbor encadea a maior baixada desde o ano 2013

Os bancos revisan as hipotecas e abre unha fronte comercial para atraer novos clientes

G24.gal 19/08/2024 15:05

O retroceso do euríbor quita presión nos prespostos familiares. "Tivemos que vender a nosa casa por non poder facer fronte á hipoteca", di un hipotecado.

O indicador ao que están referenciadas a maior parte das hipotecas, encadea sucesivas baixadas desde o mes de novembro. A maior caída interanual desde o 2013.  "Revísanme a hipoteca en novembro. Se baixa, xa veremos".

Unha hipoteca media de 150.000 euros a 25 anos está notando unha rebaixa de ata 80 euros mensuais. "Nas novas hipotecas estanse ofrecendo tipos moi competitivos porque as subas anteriores do euríbor reduciron a contratación de hipotecas. A banca está competindo nestes momentos por atraer a esas persoas que queren hipotecarse", detalla María Cadaval, profesora de Economía Aplicada da USC.

E as previsións apuntan a que haberá polo menos dúas novas baixadas dos tipos antes de que remate o ano. "As visións máis optimistas sitúan o prezo dos cartos a finais de ano nun 3,5 %. As máis conservadoras nun 3,75 %. En todo caso por baixo do que están neste momento", di María Cadaval.

A evolución da inflación e outros indicadores económicos van marcar a decisión das autoridades monetarias na reunión prevista para setembro do Banco Central Europeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar