Publicador de contidos
Publicador de contidos

O euríbor volve baixar no mes de agosto e sitúase no 3,2 %

O euríbor volve baixar no mes de agosto e sitúase no 3,2 %

Continúa o descenso despois dun xullo coa maior rebaixa dos últimos once anos

Alivio para os hipotecados, que notarán o aforro nas vindeiras revisións

G24.gal 07/08/2024 14:37 Última actualización 07/08/2024 16:41

Continúa a caída do euríbor, que volve rexistrar mínimos anuais. Despois de catro baixadas consecutivas no que vai de agosto, a media queda no 3,2 %. Un alivio para os hipotecados a tipo variable, que notarán o aforro nas vindeiras revisións.

"É moi necesario porque a suba das hipotecas estaba apertando moitísimo as familias".

"Suporá unha axuda e un aforro para as familias que poderán gardar eses cartos ou dedicalos ao consumo", din algúns viandantes.

Despois das fortes subas rexistradas nos anos 2022 e 2023, o índice está a baixar a medida que descenden tamén os tipo de xuro en Europa.

"O escenario está cambiando e a tendencia é á baixa, e iso vaise reflectir na economía europea durante os próximos anos. Todo isto sempre que a inflación se manteña controlada", explica o xornalista económico Julián Rodríguez.

Aínda é pronto para saber se este novo horizonte cambiará o tipo de hipoteca pola que aposten os novos compradores.

"Agora sería o momento do tipo variable, pero hai dous anos non o era porque chegou inesperadamente a suba dos tipos de xuro".

"Eu prefiro durmir tranquila e que se sexa de xuros fixos".

"Nunca se sabe o que vai pasar, a hipoteca tes que asinala para moitos anos, é unha decisión que hai que pensar ben".

Non hai certezas, pero as expectativas dalgúns expertos apuntan a que o Banco Central Europeo vai volver recortar os xuros en setembro, co conseguinte respiro para os endebedados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade