Cargando resultados...
O exalcalde de Quiroga, detido por un suposto delito de violencia de xénero
O exalcalde de Quiroga, detido por un suposto delito de violencia de xénero
O xuíz deixouno en liberdade, aínda que coa prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima
G24.gal
29/09/2023 16:27
O exalcalde de Quiroga, Julio Álvarez, foi detido por un suposto delito de violencia de xénero.
Segundo confirmaron a EFE fontes da Comandancia de Lugo, o exrexedor popular pasou a noite en dependencias da Garda Civil e este venres pasou a disposición do Xulgado de Monforte de Lemos.
Tras escoitar a súa declaración, o xuíz deixouno en liberdade, aínda que coa prohibición de achegarse ou comunicarse coa vítima.
O PP de Lugo suspende de militancia a Álvarez e emitiu un comuniado en que condena "profundamente" toda violencia de xénero.