O executivo pídelles aos gobernos autonómicos que apoien o rural e loiten contra o despoboamento
O executivo pídelles aos gobernos autonómicos que apoien o rural e loiten contra o despoboamento
O Goberno critica a presenza de Vox, PP e Ciudadanos na manifestación
Seguen os ecos da manifestación do agro que reuniu máis de 500 asociacións, milleiros de persoas, de toda España en Madrid para reclamar un futuro para o rural.
Hoxe o Goberno pediulles a todos os gobernos autonómicos que colaboren na aposta polo sector primario e a loita contra a despoboación. Tamén aos grupos políticos.
Teresa Ribera, vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, criticou a presenza de representantes do PP, Ciudadanos e VOX nesa marcha.
"É importante que todas as organizacións, incluídas as institucións e os grupos parlamentarios, opinen. Coido que quzáis unha das paradoxas de onte é que se decidía o cumprimento da Lei de cadea alimentaria e prezoas xustos e, porén, na manifestación aparecían quen dixeron publicamente que non van apoiar esa lei"