O exército incorpora un dron máis potente á vixilancia contra os incendios forestais
O exército incorpora un dron máis potente á vixilancia contra os incendios forestais
30 patrullas estarán nos montes de Galicia do 15 de agosto ao 1 de outubro
O dron PASI ten 14 horas de automía e maior resolución de imaxe
Pode ver un coche a 22 quilómetros de día e 15 de noite
Do 15 de agosto ao 1 de outubro o exército sumarase como cada verán, desde hai quince anos, ao dispositivo de prevención contra o lume nos montes en Galicia.
30 patrullas farán labores de vixilancia e disuasión nos 33 concellos onde a experiencia di que hai un maior risco de incendios.
A despregadura da operación Centinela é practicamente a mesma do ano pasado, pero reforza o papel dos drons.
Ao pequeno RAVEN, que ten unha autonomía de hora e media, súmase esta vez outro dispositivo aéreo de nivel 2, que pode voar 14 horas seguidas de día ou de noite e achega maior resolución de imaxe.
Na presentación do operativo en Pontevedra, só se puido ver unha pequena maqueta, porque o orixinal, de seis metros de longo, manterá a base en León.
Partirá de alí cada día, pero o seu manexo e seguimento farano desde un posto de control na Brilat de Figueirido.
O conselleiro do Medio Rural referiuse á achega que poden facer estes dispositivos para controlar a potenciais incendiarios baixo sospeita.
José González destacou o incremento da colaboración cidadá na achega de información.
En xullo recibíronse 120 chamadas no 981 815 085 con datos que poden ser relevantes para dar cos autores dos incendios.