O exmozo de Déborah segue investigado 20 anos despois e tras a prescrición do caso
O exmozo de Déborah segue investigado 20 anos despois e tras a prescrición do caso
De haberen outros implicados non poderían ser investigados
Hai vinte anos desaparecía en Vigo Déborah Fernández Cervera, a investigación do seu caso prescribe coincidindo con esta data; agás para o seu exmozo, que ten a condición de investigado desde o 11 de febreiro.
A maxistrada de Tui deberá decidir se continúa a instrución con vistas a un xuízo ou decide arquivar o caso tamén para el.
A familia de Déborah agradeceu o apoio social e tamén informou da actitude hostil con eles do ámbito do investigado. Lamentan durante todo este proceso os múltiples erros, dilacións, perdas e atrancos, xa que a investigación avanzou grazas á grande implicación da familia.
Todos lamentan hoxe a prescrición parcial do caso, porque ninguén máis poderá xa ser investigado. Tamén o lamenta o avogado da defensa, quen apuntou ademais que non hai ningún ADN que vincule o exmozo.
Queda pendente o informe sobre o borrado do ordenador que se puido realizar na casa de Déborah, nos xulgados ou en dependencias das forzas e corpos de seguridade.