O extremo marfilés Jonathan Bamba, terceira fichaxe do Celta
O extremo marfilés Jonathan Bamba, terceira fichaxe do Celta
Chega libre procedente do Lille, co que se proclamou campión da liga francesa en 2021
Asina co Celta ata xuño de 2026
O extremo internacional marfilés Jonathan Bamba converteuse este martes na terceira fichaxe do Celta de Vigo, co que asinou un contrato ata o 30 de xuño de 2026.
O centrocampista, que onte á noite presenciou a vitoria do seu novo equipo ante o Al Nassr (5-0) en Portugal, chega a Balaídos como axente libre tras finalizar a súa etapa no Lille, co que se proclamou campión da liga francesa en 2021.
𝗢𝗙𝗜𝗖𝗜𝗔𝗟 📣 ¡Jonathan Bamba llega al #RCCelta! 🇨🇮
— RC Celta (@RCCelta) July 18, 2023
El internacional costamarfileño aportará calidad, talento e instinto al ataque celeste 💣
Bienvenue, @djobamba7! 💙✍️ #Bamba2026
"O R. C. Celta reforza o seu ataque neste mercado estival cun xogador de grandísimo nivel, con instinto, desequilibrio e dunha notable calidade técnica para seguir preparando o inicio dunha campaña tan especial para todo o celtismo como é esta do Centenario”, destaca o club vigués no seu comunicado.
Bamba, que tamén pretendían outros clubs da Liga, asinou seis goles e sete asistencias nos 34 partidos que disputou nesta última tempada. É a terceira incorporación do Celta tras o extremo Carles Pérez (AS Roma) e o lateral esquerdo Manu Sánchez (Atlético de Madrid).
Esta mañá completou o seu primeiro adestramento no Algarve