Publicador de contidos
Publicador de contidos

O factor cancha non lle abondou ao Burela

O factor cancha non lle abondou ao Burela

O Burela perdeu o primeiro partido da final nos penaltis

G24.gal 15/06/2024 16:30

O factor cancha a favor no pavillón de Vista Alegre non lle abondou ao Burela para impoñerse neste primeiro choque da final polo título. Tivo que reaccionar o equipo de Julio Delgado ante o tanto inicial de Becha. Un gol que adiantou ao Futsi Navalcarnero no minuto 7. 

O equipo galego creou máis e mellores ocasións no partido, pero tardou en conseguir que esa superioridade escribira cando menos o empate no marcador. Foi pouco antes do descanso, grazas a un gran disparo de Emily Marcondes dende lonxe tras un saque de córner. A máxima goleadora laranxa esta temporada facía as táboas para comezar un segundo tempo no que o Burela por dúas veces non conseguiu validar a súa anticipación, porque outra boa acción de Emily Marcondes puxo o 2 a 1 no marcador. Tan só uns segundos despois María Sanz anulaba esa vantaxe finalizando unha longa xogada de ataque visitante, na que o Burela non deu despexado o balón da área.

A igualdade entre os dous rivais levounos á prórroga. A uns minutos de vixilancia e control, que as de Julio Delgado creron mellor administrados cando Antía Pérez conseguiu asinar un gol. Definindo pola escuadra tras o pase de Dani a 45 segundos do final. Semellaba un paso definitivo polo título, pero non o foi, as madrileñas volverían a empatar na seguinte xogada con gol da veterana Ju Delgado. 

Co empate a 3 houbo que decidir o choque nas quendas de penalti. Todo igualado como no partido, ata que na morte súbita o Burela errou o seu sétimo disparo, Cilene petou no pau. O Futsi Navalcarnero ponse en vantaxe nesta final da Primeira división. O Burela, que persegue o seu sexto título, deberá gañar en cancha allea o vindeiro sábado, para forzar o terceiro e definitivo partido, e intentar decidir o título na casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos