O fenómeno do #DígochoEu: unha revolución nas redes e no ensino
O fenómeno do #DígochoEu: unha revolución nas redes e no ensino
Toda unha revolución nas redes e tamén dentro da comunidade educativa
Un proxecto comprometido co servizo público e a lingua, recoñecido cos Premios Mestre Mateo
O #DígochoEu é un proxecto da CRTVG que busca ensinar o galego dun xeito dinámico e ameno. En dous anos converteuse en todo un fenómeno nas redes, e tamén nunha revolución dentro da comunidade educativa. Detrás deste proxecto hai un equipo comprometido co servizo público e a lingua, recoñecido cos Premios Mestre Mateo.
Repasamos a traxectoria deste espazo desde o seu nacemento ata a actualidade, da man dos seus protagonistas. Un merecido éxito en Galicia que comeza a espallarse máis aló das nosas fronteiras. O último recoñecemento desta semana son as dúas candidaturas que acadou o #DígochoEu no Celtic Media Festival de Glasglow.