Publicador de contidos

Publicador de contidos

O festival da natureza "The Wild" despídese de Vigo con moi bo sabor de boca

O festival da natureza "The Wild" despídese de Vigo con moi bo sabor de boca

O The Wild ou o festival na natureza remata tras tres días de música, actividades deportivas, cinema, artesanía e obradoiros.

Este domingo celebrouse a carreira con cans para nenos e adultos como novidade para esta edición que cumpre cinco anos.

Non faltou o cinema de temática medioambiental con 23 curtas para todos os públicos centradas na auga e a súa problemática.

G24.gal 25/06/2023 21:15 Última actualización 25/06/2023 21:30

É un festival moi madrugador. Dende ben cedo unhas trinta persoas participan nunha andaina e nunha carreira coas súas mascotas. Aquí a competición é o de menos, o importante é gozar da contorna.

Porque este festival celébrase na natureza, neste parque forestal de San Miguel de Oia, onde grandes e pequenos poden participar tamén nunha carreira de orientación polo monte nun festival que cumpre cinco anos promovendo o respecto e a concienciación polo medio ambiente. 

E non pode faltar a música. Onte houbo concertos de Ses e Ángel Stanich nunha xornada que aglutinou unhas 1.200 persoas cunha forte aposta polas bandas emerxentes da contorna. Defendendo esa economía circular que promove este festival.

A música de Zeltia Irevire e unha sesión vermú, xunto a unha ampla programación familiar de tarde puxeron a este edición do The Wild, un festival onde é posible pasalo ben respectando un dos pulmóns verdes de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade