Publicador de contidos
Publicador de contidos

O final do xuízo a Daniel Sancho adíase ata o xoves

O final do xuízo a Daniel Sancho adíase ata o xoves

O xuíz prorroga a vista para que o acusado pronuncie a alegación final

Desestimadas dúas testemuñas da defensa na xornada do mércores

Antón Montero 01/05/2024 20:18 Última actualización 01/05/2024 20:24

Se onte era a quenda da defensa, Daniel Sancho respondeu este mércores durante 3 horas ás preguntas da acusación. "Está moi ben. Non te podes vir abaixo cando estas defendendo a túa inocencia e do que te están acusando", dixo a súa avogada, Carmen Balfagón.

Tamén declarou o médico forense español que realizou un informe sobre a morte do colombiano Edwin Arrieta. O xuíz rexeitou a declaración de dúas testemuñas da defensa, un psicólogo especialista en abusos sexuais e un home presuntamente acosado pola vítima.

"Tailandia hai que entendela. Se a testemuña non estaba no lugar dos feitos, ao xuíz non lle interesa, cousa que en España non pasa", lamentou Balfagón.

O pai do acusado, Rodolfo Sancho, decidiu non testificar como xesto da defensa cara a un tribunal que non quere prolongar máis o proceso.

O xuíz remata este xoves coa alegación final do mozo español. Sancho está acusado do asasinato premeditado e da ocultación do cadáver de Arrieta. O español só acepta este último cargo e sostén que a morte non foi premeditada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade