Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente da Xunta reclama a convocatoria esta semana da comisión mixta de transferencias

O presidente da Xunta reclama a convocatoria esta semana da comisión mixta de transferencias

PSdeG e BNG repróchanlle a Alfonso Rueda que non reclame a condonación da débeda e interpretan esta postura como unha "submisión aos intereses de Xénova"

O presidente galego afirma que non reclama a quita porque "é un negocio ruinoso" e explica que o financiamento singular de Cataluña custaralle a cada galego 495 euros 

O presidente da Xunta, durante a sesión de control celebrada no Parlamento de Galicia (EFE/ Xoán Rey)
G24.gal 25/09/2024 08:46 Última actualización 25/09/2024 14:47

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, confesa que saíu "preocupado" da entrevista que mantivo a semana pasada co presidente do Goberno, xa que non deu resposta ás peticións formuladas por Galicia. Afirma que cando lle preguntou pola gratuidade das autoestradas galegas "botou un sorriso e non dixo nada máis".

Rueda avanza que os conselleiros se van dirixir por carta a cada un dos ministerios para trasladarlles as demandas realizadas desde a comunidade galega e que el mesmo se dirixirá ao ministro de política territorial para que convoque esta mesma semana a comisión mixta de transferencias.

Na sesión de control, a oposición pediulle explicacións ao presidente galego por non aproveitar a reunión co presidente do Goberno para reclamar a condonación da débeda de Galicia.

Besteiro: "Os galegos queren saber por que non quere que a Galicia lle condonen a débeda"

O secretario xeral dos socialistas galegos. José Ramón Gómez Besteiro recriminoulle ao presidente da Xunta que non fale de financiamento, de condonación da débeda nin de corresponsabilidade fiscal. Considera que a Xunta está trasladando unha imaxe "de insolvencia e de pobreza argumental" ao dar "cifras de todo tipo" ao falar da cantidade que Galicia perderá co actual modelo de financiamento.

"O domingo dixeron que Galicia perdía 400 millóns con novo marco de financiamento. O luns dixeron 450 pero hoxe o conselleiro fala de 628". "En vez de defender os intereses de Galicia esta fin de semana vostede preocupouse de defender os intereses do PP e de Feijóo".

Besteiro pídelle ao presidente galego que aclare por que non quere que a Galicia se lle condone a débeda.

Pontón: "É vostede manso e sumiso a Madrid aínda que vaia en contra dos intereses do país"

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, puxo tamén foco na quita da débeda. Asegura que o presidente galego saíu do encontro con Pedro Sánchez "coas mans baleiras" e cun balance de "cero" logros e  advertiu que os populares "cambiaron de postura" tras apoiar" a condonación da débeda nun acordo parlamentario.

Di Pontón que Rueda é un "peón de Génova" e que "cando cruzou a porta da Moncloa non levaba o traxe de presidente da Xunta, senón o uniforme de submiso militante do PP".

Rueda: "A condonación da débeda é un negocio ruinoso para Galicia"

O presidente da Xunta aclarou que se non pide a condonación da débeda é porque é "un negocio ruinoso para Galicia". Así llo trasladou ao secretario xeral dos socialistas galegos e á portavoz nacional do BNG na sesión de control do Parlamento.

Rueda acusou a Pontón de terxiversar unha resolución do último debate de política xeral que, posteriormente, difundiu o PP, e na que se plasma que, "no caso de condonación ás comunidades que se adherisen ao FLA", defenderíase "que se compense equitativamente as que non o fixeron". 

E deu cifras sobre o custe que tería para Galicia a condonación nos termos do acordo catalán. Afirma que suporía un aumento de débeda de 495 euros para cada galego.

A  sesión de control arrincou este martes unos minutos tarde do previsto por una indisposición do secretario xeral dos socialistas galegos, que puido formular con normalidade a súa pregunta ao presidente da Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade