O fiscal xeral do Estado di que a loita contra o narcotráfico é prioritaria
O fiscal xeral do Estado di que a loita contra o narcotráfico é prioritaria
Álvaro García Ortiz cualificou o tráfico de drogas como un "cancro social"
O fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, asegurou que a loita contra o narcotráfico, é prioritaria.
"Entendemos que o punto máis importante agora mesmo na persecución do tráfico de drogas é a incautación dos activos patrimoniais, é dicir, a incautación e a xestión do diñeiro e os activos que se lles poden atopar ás persoas que son responsables do delito de tráfico de drogas", detallou García.
García Ortiz, asiste dende estes días na Coruña á Xunta Xeral da Fiscalía a Especial Antidroga. Tamén aproveitou para reunirse con dúas asociacións de vítimas.
Ortiz cualificou o problema do narcotráfico como un cancro.
"É un cancro, é un cancro social, é un cancro económico, é un cancro tamén sanitario e é un cancro na educación dos nosos fillos", agregou.
O fiscal xeral do Estado detallou tamén que espera converter o Pazo de Mariñán nun foro permanente da institución, con polo menos un encontro ao ano grazas á colaboración selada coa Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.