Cargando resultados...
O FMI mellora a estimación de crecemento de España en 2022
Sostén que o PIB medrou un 5,2 %, seis décimas máis do previsto
Para 2023 empeora o prognóstico nunha décima, ata o 1,1 %
Antón Montero
19/01/2023 19:50
Última actualización 19/01/2023 20:21
O Fondo Monetario Internacional calcula que España creceu o ano pasado un 5,2 %, seis décimas máis do previsto.
Para este 2023, o organismo empeora nunha décima o seu prognóstico, que queda agora no 1,1 %. No seu último informe de perspectivas, o FMI asegura que España está resistindo os ventos en contra provocados pola guerra de Ucraína e asegura que o noso país non vai entrar en recesión.