Publicador de contidos

Publicador de contidos

O FMI reduce a previsión de crecemento económico para España a un 4,8 %

O FMI reduce a previsión de crecemento económico para España a un 4,8 %

Nadia Calviño pide cautela e lembra que España será un dos países con maior crecemento este ano

G24.gal 19/04/2022 20:07

O FMI reduciu nun punto a súa previsión de crecemento económico para España este ano, que agora calcula que será do 4,8 %, e reduciu tamén a de 2023 no medio punto, que considera que estará no 3,3 %.

Durante un encontro coa prensa en Washington, onde viaxou para estar na reunión de primavera do FMI e o Banco Mundial, a vicepresidenta primeira do Goberno de España, Nadia Calviño, pediu tomar "con especial cautela" as previsións do Fondo dado o escenario de incerteza pola pandemia e a guerra en Ucraína.

A pesar da rebaixa nas previsións polo impacto da guerra, Calviño destacou que os cálculos do FMI "non poñen en dúbida a forte recuperación, especialmente no caso da economía española".

En calquera caso, a ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital insistiu na "moi intensa" recuperación española e na evolución positiva do mercado de traballo e lembrou que España "será un dos países de maior crecemento este ano -remarcou-, moi por encima do resto das economías desenvolvidas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade