Publicador de contidos
Publicador de contidos

O foro Alma Rural reivindica o papel desenvolvido pola muller no campo

O foro Alma Rural reivindica o papel desenvolvido pola muller no campo

Aumenta, pero sen chegar á paridade, a incorporación das mulleres á fronte das explotacións

Varias testemuñas, entre gandeiras e empresarias, destacan o traballo desenvolvido no pasado e hoxe

G24.gal 19/10/2024 14:41

De sempre, a muller foi un piar fundamental no campo, aínda que non sempre recoñecido. Con frecuencia vencéllase ao coidado da familia e non se dá visibilidade á muller coma empresaria.

É a visión desta mestra xeadeira cun negocio que, de non ser polo medio rural, non tería sentido, segundo di. No foro Alma Rural, a tamén empresaria Carmen Lence considera que hai que continuar impulsando o papel das mulleres no campo.

Reivindica o esforzo que as mulleres fixeron no pasado cando os homes emigraron para manter vivo o campo. As axudas institucionais fan que a incorporación das mulleres sexa cada vez maior. En Galicia, o 40 % das explotacións diríxenas elas. 

Mulleres de toda Galicia, de diversas idades e ocupacións, participaron no encontro Alma Rural, que se celebra desde hai catro anos.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade