O Foro La Toja traslada a Lisboa o seu modelo de debate sobre os desafíos actuais
O Foro La Toja traslada a Lisboa o seu modelo de debate sobre os desafíos actuais
A xestión das cidades, a política enerxética e os retos da América Latina centraron esta edición especial
Margarita Robles e Antònio Costa clausuraron o Foro, que ten vocación de continuidade
O Foro La Toja, impulsado hai catro anos, xa contempla no seu nome o vínculo atlántico que promove. Boa mostra diso é o paso pola illa do Grove do presidente de Portugal e do primeiro ministro luso, que en varias edicións deron a súa visión aos retos comúns aos dous países veciños.
Por iso, esta edición especial leva a Lisboa o mesmo obxectivo que reúne na Toxa presidentes, exmandatarios e líderes empresariais: o debate e a reflexión pública entre España e Portugal, como explicaba o impulsor da iniciativa.
"Dous países con moitísimos intereses compartidos e cunha misma visión do mundo. E debemos actuar en consecuencia, afondando na nosa relación bilateral", asegurou Amancio López Seijas.
A embaixadora de España en Portugal destacaba a busca de solucións ibéricas a problemas globais. Entre eses retos, o papel transformador das grandes cidades, que abordaron os alcaldes de Madrid e Lisboa. E o mercado da enerxía, sobre o que debateron dous exministros de Medio Ambiente de Portugal, João Pedro Matos, e España, Isabel García-Tejerina.
Iberoamérica centrou a última mesa redonda, en que participaron exdirixentes do Perú e do Brasil xunto con Mariano Rajoy, que falou do reto da integración iberoamericana.
"Se hai vontade e se queremos democracias e Estao de Dereito, e rematamos con estes populismos que tanto dano están facendo, podemos dar paso na boa dirección", defendeu o expresidente do Goberno.
O primeiro ministro portugués, Antònio Costa, e a ministra española de Defensa, Margarita Robles, pecharon esta edición do Foro La Toja-Lisboa, que ten vocación de continuidade.