Publicador de contidos
Publicador de contidos

O frío, as xeadas e a neve poñen en alerta cinco comunidades

O frío, as xeadas e a neve poñen en alerta cinco comunidades

Aviso laranxa por risco importante de temperaturas mínimas en puntos de Aragón e Cataluña

No Pireneo oscense, no de Lleida e no Val de Arán os termómetros marcaron os dez graos baixo cero

G24.gal 22/01/2023 20:55 Última actualización 22/01/2023 21:32

Foi unha fin de semana con temperaturas propias do inverno. O frío e a neve puxo en alerta este domingo cinco comunidades con aviso laranxa por risco importante de temperaturas moi baixas en puntos de Aragón e Cataluña e aviso amarelo en Castela-A Mancha, Comunidade de Madrid e Navarra.

No Pireneo oscense os termómetros marcaron os dez graos negativos, igual que no Val de Arán e no Pireneo de Lleida. Tamén no País Vasco puideron gozar da neve e o frío deixouse notar nas Illas Baleares.

Carambelos en Cuenca e temperaturas invernais en boa parte da rexión. Sete graos baixo cero en Nerpio ou menos 6 graos en Chinchilla de Montearagón.

Son as mínimas máis baixas que marcaron os termómetros en Castela-A Mancha, rexistradas concretamente na provincia de Albacete. Todas as capitais de provincia desa comunidade pasaron a noite baixo cero. 

As xeadas son só un aperitivo do que vén nos vindeiros días. Segundo as previsións da Aemet, as nevaradas na contorna do Cantábrico oriental e norte do sistema Ibérico e as xeadas xeneralizadas predominarán este luns en boa parte de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade