Cargando resultados...
O galego Xavier Queipo e o chinés Lian Yang recitan os seus versos na Coruña
O galego Xavier Queipo e o chinés Lian Yang recitan os seus versos na Coruña
Son os primeiros protagonistas do ano do ciclo Poetas Dinversos, que se celebra de outubro a xuño
G24.gal
03/01/2022 20:49
Na Coruña houbo este luns unha nova cita co ciclo Poetas Dinversos, unha iniciativa literaria que xunta o mellor da poesía de Galicia coa do resto do mundo.
Este luns, comezo de ano, os versos chegaron co galego Xavier Queipo e o chinés Lian Yang, considerado unha das voces máis presentativas da literatura chinesa.
Os dous poetas recitaron os seus textos na lingua orixinal. Ambos cunha obra marcada pola expatriación e cun percorrido pola memoria e os sentimentos.