Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Galicia-Panamá xogarase en Balaídos o 31 de maio ás 20:00 horas

O Galicia-Panamá xogarase en Balaídos o 31 de maio ás 20:00 horas

A Federación Galega confirmou o horario dun partido que será retransmitido en directo pola Televisión de Galicia

G24.gal 02/05/2024 18:40

Xa se sabía a data (venres, 31 de maio), o escenario (Balaídos) e o rival (Panamá), pero aínda non se coñecía a hora do partido do regreso da selección galega de fútbol. A Federación confirmou que o encontro se xogará ás 20:00 horas e será retransmitido en directo pola primeira canle da Televisión de Galicia. 

Hai oito anos do último encontro da Irmandiña, daquela contra Venezuela en Riazor. Desde entón os mellores xogadores galegos non se volveron xuntar. Á fronte do combinado atópase o vigués Diego Martínez tentando encaixar a mellor convocatoria posible. Os galegos que militan na Primeira División teñen vía libre pero os que están en Segunda terano complicado para poder acudir á cita porque coincide coa última xornada do campionato. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade