Publicador de contidos
Publicador de contidos

O gasto da maioría de consumidores este Nadal será similar ao do ano pasado

O gasto da maioría de consumidores este Nadal será similar ao do ano pasado

Con todo, un 40 % recoñece contar cun presuposto menor ao último ano previo a pandemia

G24.gal 06/12/2022 14:35

O 70 por cento dos consumidores prevé manter ou incrementar o gasto este Nadal en comparación co do 2021. E iso a pesar de que coa situación inflacionista actual 4 de cada 10 recoñecen contar cun presuposto menor a o do ultimo ano previo a pandemia.

Pode resultar contraditorio, pero non son moitos os que están dispostos a renunciar a certos luxos ou praceres propios desta época de nadal.

Para facer fronte ao incremento dos prezos a metade dos consumidores ten previsto aforrar adiantando as súas compras e aproveitando algunhas ofertas. E o que están a facer moitos por exemplo hoxe nunha xornada festiva a nivel nacional pero na que moitas tendas tanto de rúa como en grandes superficies abriron as súas portas.

É o que indican tamén os datos do último barómetro realizado pola Asociación de Empresas de Gran Consumo. A maioría dos españois gastará máis ou menos o mesmo co ano pasado por estas datas. Pero seguro que con eses cartos poderán mercar algo menos debido a inflación. Adiantar as compras, xa sexan de regalos ou produtos de alimentación, é unha das consignas máis repetidas para aforrar.

O 60 % dos consumidores tamén prevén conter os seus gastos saíndo menos a comer a restaurantes ou 1 de cada 3 que antes aproveitaba as festas de Nadal para saír de viaxe este ano quedará na casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade