Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno acorda o rescate da siderúrxica Celsa a través da SEPI

O Goberno acorda o rescate da siderúrxica Celsa a través da SEPI

En total investirá 721 millóns en seis empresas, que empregan de forma directa máis de 12.000 persoas

G24.gal 27/06/2022 21:14 Última actualización 27/06/2022 21:30

O Consello de Ministros deu luz verde aos últimos rescates empresariais con diñeiro público para paliar as consecuencias da covid-19. A través da SEPI, o Goberno aprobou reflotar a siderúrxica Celsa, coa súa filial Celsa Atlantic na Laracha, e tamén a outras cinco empresas.

En total investirá 721 millóns nestas seis empresas, que empregan de forma directa máis de 12.000 persoas. Queda pendente o rescate de Abengoa, que non foi aprobado pero tecnicamente aínda non se rexeitou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade