Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno activará en xuño axudas para a convocatoria de baterías do PERTE VEC

O Goberno activará en xuño axudas para a convocatoria de baterías do PERTE VEC

Nadia Calviño agarda que se presente Stellantis, xa que “o compromiso do Goberno de España con esta empresa é total"

G24.gal 12/05/2023 14:05

A vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, avanzou este venres que no mes de xuño o Goberno porá en marcha a segunda parte das axudas relacionadas con baterías da nova convocatoria do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica no sector do Vehículo Eléctrico e Conectado (PERTE VEC).

Anuncio que se coñece despois de que este xoves a Comisión Europea aprobara as axudas para a fabricación de baterías para vehículos eléctricos e conectados. Nunha visita a Galicia, a ministra de Asuntos Económicos tamén dixo que espera que se presente Stellantis, xa que “o compromiso do Goberno de España con esta empresa é "total".

“Imos lanzar a segunda parte da convocatoria en xuño e agardo que Stellantis se presente para que, ademais dos 15 millóns de euros que xa se investiron, poidan seguir desenvolvendo os seus investimentos en España", sentenciou Nadia Calviño. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade