Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno agarda ter o informe sobre o colapso do viaduto da A-6 en outubro

O Goberno agarda ter o informe sobre o colapso do viaduto da A-6 en outubro

A Xunta sospeitaba que o Goberno central podía coñecer xa as causas da derruba

Pedrafita dividida polo novo ramal da A-6

G24.gal 19/09/2022 12:17 Última actualización 19/09/2022 14:24

O delegado do Goberno en Galicia. José Miñones dixo que en breve se coñecerán as causas da caída do piar do viaduto do Castro, na A-6. Prevé que o informe do Ministerio de Transportes estea rematado antes de que remate outubro. "Será daquela cando coñeceremos as causas e as vías para seguir traballando e recuperar o tránsito a través do viaduto", dixo. 

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asegurara onte, nunha entrevista na Radio Galega, que sospeita que o Goberno central coñece xa as causas do colapso e demandou unha "mesa de intercambio de información" entre a Xunta e o Executivo de Pedro Sánchez ante unha situación que cualificou de "preocupante". 

A conselleira xustificara esta sospeita polas declaracións en prensa da secretaria de Estado de Infraestruturas, Isabel Pardo de Vera, en que anunciaba, antes de dar a coñecer as causas da derruba, que a reapertura do viaduto paralelo ao que colapsou se levaría a cabo durante o primeiro semestre de 2023.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade