Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno aproba este martes a lei do aborto

O Goberno aproba este martes a lei do aborto

A norma inclúe as baixas por regras dolorosas, a pílula do día despois gratuíta e o aborto sen permiso paterno desde os 16 anos

G24.gal 29/08/2022 23:19

O Goberno aproba este martes no Consello de Ministros a reforma da Lei do aborto impulsada por Igualdade. Esta norma viu a luz verde do Executivo no mes de maio e regresa ao Consello de Ministros para culminar esta primeira fase da súa tramitación, antes de pasar ao Parlamento.

Entre os puntos máis destacados desta reforma está a medida que permite a menores a partir dos 16 anos a poder interromper o seu embarazo de forma voluntaria sen o permiso dos seus proxenitores; ademais, elimina os tres días obrigatorios de reflexión e inclúe unha baixa incapacitante por interrupción voluntaria do embarazo, ademais dun servizo de asistencia e acompañamento integral e especializada.  

Do mesmo xeito, garante a obxección de conciencia, que se regula do mesmo xeito que na Lei de eutanasia para garantir que sempre haberá persoal dispoñible para a interrupción voluntaria do embarazo.

Ademais, a norma recolle que quen se declare obxector, será de aplicación na sanidade pública e privada.  

Entre as medidas que recolle esta norma está tamén que os centros de saúde e centros servizos de saúde sexual e reprodutiva despacharán a pílula do día despois de forma gratuíta.

Pobreza menstrual 

A reforma da lei do aborto tamén trata a coñecida como pobreza menstrual. Así, as pílulas anticonceptivas de última xeración volverán estar cubertas pola Seguridade Social e promoveranse os métodos de anticoncepción masculina.  

Por outra banda, esta lei dedica un apartado aos dereitos relativos á saúde menstrual das mulleres en todas as etapas da vida, que inclúe a baixa específica para as mulleres que teñan regras moi dolorosas e incapacitantes, e que nos institutos, prisións, centros da muller, centros cívicos ou centros sociais se repartan gratuitamente produtos de saúde menstrual, como tampóns, compresas ou copa menstrual co obxectivo de acabar coa pobreza menstrual.  

Tamén se recolle a repartición de forma gratuíta de métodos anticonceptivos en centros educativos vinculado a campañas sobre educación sexual.  

Finalmente, esta nova norma inclúe medidas para fomentar as boas prácticas en todas as etapas do embarazo, especialmente, no parto e no posparto, entre elas, a incorporación dunha baixa preparto desde a semana 39 de xestación, que non consumirá ningún día do permiso de maternidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade