Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno apura as negociacións con ERC e PNV para validar a reforma laboral

O Goberno apura as negociacións con ERC e PNV para validar a reforma laboral

A ministra de Política Territorial reuniuse este venres co lehendakari Urkullu

María Jesús Montero cre que "pasará factura" aos partidos que non a apoien

G24.gal 28/01/2022 15:03

O Goberno é consciente de que pasan os días e aínda non teñen asegurada a validación no Congreso, o próximo xoves, do decreto da reforma laboral. A voceira do executivo, Isabel Rodríguez, volvía pedirlles hoxe, "con absoluta humildade", aos grupos políticos "avalar, apoiar, respectar este acordo tan importante".

De votar en contra, cre a titular de Facenda, María Jesús Montero, os partidos de esquerdas "teñen que explicar a que intereses se deben, porque é que non se entende". Na súa opinión, "pasaría factura a aqueles que non a apoiasen".

Mentres a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, segue negociando con Esquerra Republicana de Cataluña, a de Política Territorial, Isabel Rodríguez, tenta convencer o PNV. Os vascos queren ver por escrito a prevalencia dos convenios autonómicos sobre os estatais.

O lehendakari recórdalle ao Goberno central que o ingreso mínimo vital aínda non se traspasou a Euskadi a pesar de asinarse en ata tres ocasións. "Ata o momento, non constatamos no Goberno español a posta en práctica da vontade expresada nin a actitude necesaria para dar cumprimento aos seus propios compromisos", asegurou este venres Iñigo Urkullu, para quen "o balance é, manifestamente, mellorable". Cuestiona, ademais, que non se poida cambiar unha coma do decreto, tal e como defende o Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade