Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno asegura que conta cos votos para validar o decreto de aforro enerxético

O Goberno asegura que conta cos votos para validar o decreto de aforro enerxético

"Gustaríanos o apoio unánime" da Cámara, di a vicepresidenta terceira, Teresa Ribera

G24.gal 24/08/2022 14:01 Última actualización 24/08/2022 21:07

O Goberno conta cos votos "suficientes" para sacar adiante este xoves a validación do decreto lei sobre medidas de aforro enerxético, segundo avanzou este mércores a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera.

Apoiaranse nos socios de investidura. Nas últimas horas o PNV confirmou o seu apoio e Esquerra Republicana e Bildu que non vai votar en contra, o que facilita a maioría simple necesaria. Aínda así, os socialistas instan ao PP a que apoie as medidas, algo que lle reprocha Unidas Podemos.

Con todo, "gustaríanos o apoio unánime" da Cámara para as medidas de aforro enerxético tomadas para facer fronte á suba dos prezos derivada da invasión de Ucraína por Rusia.

Raquel Sánchez, ministra de Transportes, di: "Claro que seguiremos intentando conseguir o apoio de todos os grupos, pero especialmente queremos o do PP".

Teresa Pérez, Podemos, respóndelle: "Creo que o PSOE debería centrarse en afianzar os apoios da investidura, e deixar de chamar á porta do PP".

O Goberno ábrese a tramitar o decreto como proxecto de Lei, pero de momento non lle garante máis apoios.

"Son milongas, con iso non nos van enganar, iso non é negociar", di Edmundo Bal.

Tampouco o PP variou a súa posición en contra.

"Aprobárono de maneira unilateral no Consello de Ministros e queren aprobalo tamén así no Congreso. Representa unha imposición, con imposicións que non negociaron con ninguén e que ademais xa demostraron ser ineficaces", di Cuca Gamarra.

"O que non se pode facer é pedir ao Goberno que derrogue un decreto aprobado, que foi eficaz, foi apoiado pola propia presidenta da Comisión Europea e é fonte de inspiración para outros socios", engadiu a vicepresidenta terceira en declaracións á Sexta.

O Goberno ofreceu aos grupos parlamentarios tramitar a validación do decreto sobre medidas de aforro enerxético como proxecto de lei, o que permitirá introducir cambios no texto unha vez que mañá reciba o visto e prace do Pleno do Congreso reunido en sesión extraordinaria, segundo confirmou nunha conferencia de prensa o portavoz de Ciudadanos no Senado, Edmundo Bal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade