O Goberno asesorará as empresas para incorporar a intelixencia artificial
O Goberno asesorará as empresas para incorporar a intelixencia artificial
Será un dos cometidos da AESIA, situada na Coruña
O organismo empezará a funcionar a pleno rendemento antes de que acabe o ano
A Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), con sede na Coruña, funcionará a pleno rendemento en 2025.
Antes de que acabe o ano completarase o cadro de persoal, que está en proceso de incorporación.
Anunciouno o ministro Óscar López no Congreso.
Entre os seus cometidos estará o asesoramento ás empresas para incorporar a intelixencia artificial.
"Hai milleiros de pemes e de autónomos en España que queren saber máis sobre a intelixencia artificial, que queren incorporala ao seu día a día para maximizar o seu rendemento, e que precisan asesoramento para saber como facelo e como cumprir coa normativa comunitaria. E diso vaise encargar a AESIA", di Óscar López, ministro de Transformación Dixital.