O Goberno concede axudas de ata 10.000 euros ao estudantado con discapacidade
O Goberno concede axudas de ata 10.000 euros ao estudantado con discapacidade
As axudas, incluídas no programa Reina Letizia para a Inclusión, pódense solicitar desde hoxe e ata o 22 de xullo
Cobren gastos de estadías, desprazamentos ou fisioterapia do alumnado de bacharelato, FP, universidade, escolas oficiais de idiomas e ensinanzas artísticas e deportivas
O Ministerio de Dereitos Sociais xa puxo en marcha o programa de axudas Reina Letizia para a Inclusión dirixidas ao estudantado con discapacidade. As contías, de ata 10.000 euros por persoa, están destinadas a asegurar os apoios necesarios para o seu proxecto formativo en condicións de igualdade.
As axudas poden solicitarse ata o 22 de xullo. Cobren gastos de estadías, desprazamentos, produtos e servizos de apoio, horas de asistente persoal para a formación, intérpretes e guías de lingua de signos ou fisioterapia, entre outros conceptos.
O orzamento total do programa é de 5,5 millóns de euros e cobre estudos de bacharelato, FP, ensinanzas artísticas e deportivas, escolas oficiais de idiomas e universidade.