O Goberno decidirá en xuño se prorroga a bonificación do IVE para os alimentos
O Goberno decidirá en xuño se prorroga a bonificación do IVE para os alimentos
Agardará a saber os datos da inflación para decidir sobre o imposto
A finais de xuño remata a bonificación do IVE para algúns alimentos básicos, que dun tempo a esta parte teñen o imposto reducido. No Goberno din que están analizando a evolución dos prezos para decidir se prorrogan ou non a rebaixa.
A vicepresidenta do Goberno e ministra de Facenda, María Jesús Montero, confirmou este mércores que vai esperar aos datos de xuño de inflación nos alimentos para tomar unha decisión.
Á vista dos datos, "se a perspectiva que hai por diante non termina de abaratar o prezo da compra, tomaremos as medias correspondentes para que sexa unha cesta da compra accesible para todos os cidadáns", afirmou nos corredores do Congreso.
O ministro de Economía, Carlos Cuerpo, sinalou que se está facendo un seguimento "pormenorizado" dos datos e que a evolución do prezo dos alimentos non se coñecerá ata mediados de xuño.
"Cando o saibamos exactamente", engadiu, abordarase a cuestión, aínda que avanzou que polo momento non hai "un sinal de repunta dos prezos dos alimentos", e a moderación da inflación está a permitir a recuperación da capacidade de compra dos fogares.