Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno di que Alxeria segue sendo socio estratéxico e garante a subministración de gas

O Goberno di que Alxeria segue sendo socio estratéxico e garante a subministración de gas

Pendentes da ratificación de Bruxelas para reducir á metade o recibo da luz

G24.gal 12/04/2022 20:53

O Goberno sostén que Alxeria segue sendo un socio estratéxico de España. Asegura que está garantida a subministración de gas desde ese país e respecto o aviso de suba de prezos di que se paga o fixado por contrato entre compañías privadas.  

Sobre o acordo de Italia para importar máis gas alxeriano, a voceira do executivo, Isabel Rodríguez di que a situación non é comparable. Destaca que a dependencia de Italia do gas ruso é do 40 % e a de España roza o 8 %. O Goberno confía en ter pronto resposta de Bruxelas para abaratar o prezo da electricidade.

"O presidente do Goberno logrou o apoio do Consello Europeo. Remitimos un documento técnico á Comisión Europea e agardamos a que sexa ratificado e deste modo lograr baixar a factura da luz á metade para todos os españois e españolas", afirmou Rodríguez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade