Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno di que defenderá o interese de España en Telefónica tras a entrada de Arabia Saudita

O Goberno di que defenderá o interese de España en Telefónica tras a entrada de Arabia Saudita

Saudi Telecom mercou o 4,9 % da empresa española e pedirá permiso ao Goberno para facerse co 5 % restante para ser a accionista maioritaria

G24.gal 06/09/2023 19:47 Última actualización 06/09/2023 21:46

O Goberno asegura que protexerá os intereses estratéxicos de España ante a entrada de Arabia Saudita en Telefónica. A compañía subiu hoxe un 0,27 por cento no IBEX despois de que unha operadora árabe se convertese na súa principal accionista.

O Goberno recoñece que foi unha operación sorpresa. A operadora Saudi Telecom informou o martes á noite da compra do 9,9 por cento de Telefónica por 2.100 millóns, pero sen intención de tomar o seu control.

De momento, fíxose co 4,9 por cento das accións, e nos próximos días pedirá autorización ao Ministerio de Defensa para mercar o 5 por cento restante.

No Executivo confían no carácter amigable da operación, e din que estarán vixiantes.

Nadia Calviño, vicepresidenta primeira do Goberno en funcións, di: "Telefónica é unha empresa estratéxica para España e no Goberno activaremos todos os mecanismos que sexan necesarios para defender os intereses estratéxicos de España".

Yolanda Díaz apelou en Twitter a mellorar a regulación para protexer o futuro dixital de España. Podemos insta a SEPI a adquirir o 10 % de Telefónica para garantir o seu control.

Irene Montero, ministra de Igualdade en funcións, di: "España, aténdose á Constitución, que establece que toda a riqueza do país, sexa pública ou privada, ten que estar ao servizo do interese xeral, ten que ter control sobre as empresas que traballan en sectores estratéxicos".

O PP reclama control gobernamental sobre a operación.

Alberto Núñez Feijóo, presidente do PP, di: "Espero e desexo que se aclaren este tipo de investimentos, e que vaian en beneficio da compañía española".

O presidente de Telefónica viaxou a Arabia Saudita para reunirse coa cúpula de Saudi Telecom e coñecer de primeira man as súas intencións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade