Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno confirma a morte de 211 persoas na Comunidade Valenciana

O Goberno confirma a morte de 211 persoas na Comunidade Valenciana

Mobilizáronse vinte equipos de levantamento de cadáveres, varios depósitos de cadáveres móbiles e unha unidade de identificación especial

Sánchez asegura que os labores de busca e recuperación van continuar ata que todas as persoas desaparecidas sexan localizadas

Coches amoreados en Alfafar (Valencia). EFE/Kai Försterling
G24.gal 02/11/2024 12:08 Última actualización 03/11/2024 09:19

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, elevou a 211 o número de  vítimas mortais provocadas pola DINA en Valencia.

Segundo dixo este sábado nunha comparecencia institucional desde o pazo da Moncloa, recuperar e identificar os corpos das persoas falecidas é unha das prioridades do Goberno.

"Hai que facelo con axilidade e con todas as garantías e dignidade que as vítimas e as súas familias merecen", asegurou.

Asegurou que nas últimas 48 horas os corpos e forzas de seguridade e as Forzas Armadas inspeccionaron milleiros de garaxes, vivendas, estradas e leitos fluviais e localizaron 211 corpos.

"Para axilizar este proceso despregamos vinte equipos de levantamento de cadáveres, integrados por forenses, psicólogos, policías científicos, varias morgues móbiles e unha unidade de identificación de vítimas de desastres da Comisaría Xeral da Policía Nacional".

Subliñou que os labores de busca e recuperación van continuar día e noite durante o tempo que faga falta ata que todas as persoas desaparecidas sexan localizadas.

Sánchez reiterou que o Executivo vai "mobilizar todos os recursos que sexan necesarios" durante o tempo que faga falta "para axudarlles nesta situación tan tráxica".

"A DINA desta semana provocou o maior desastre natural na historia recente do noso país e é xa a segunda inundación que máis vítimas cobrouse en Europa no que vai de século".

Un campo de fútbol en Sedaví cuberto pola lama. EFE/KaiForsterling

Rescate dunha muller con vida

A esperanza de atopar sobreviventes desvanécese na zona cero da catástrofe provocado pola DINA, pero localizar os centos de persoas desaparecidas continúa a ser prioritario. 

Con todo, Protección Civil informou do rescate dunha muller con vida que estaba atrapada dentro dun coche en Benetússer. 

Drons e helicópteros da Garda Civil sobrevoaron lugares inaccesibles de Chiva, Paiporta e Ribarroja para comprobar se hai vítimas.

Na busca por terra, efectivos de emerxencias abren vías de acceso e buscan persoas entre as moreas de coches arrastrados pola auga en lugares que, ata o momento, estaban incomunicados. 

Na xestión das necesidades máis básicas da poboación colaboran milleiros de persoas. Os primeiros chegaron por conta propia.

Esta mañá uníronse  2.500 volutnarios máis. A Generalitat valenciana organizou turnos de axuda despois de por en marcha o centro de cooridinación do voluntariado, na Cidade das Artes e da Ciencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade