Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno espera aforrar ata un 13,5 % de gas coas medidas do plan de continxencia

O Goberno espera aforrar ata un 13,5 % de gas coas medidas do plan de continxencia

Facturas máis detalladas, maior alcance dos bonos sociais e fomento do autoconsumo, entre as 93 medidas do plan

O Executivo estuda cómo rebaixar a factura dos fogares con caldeira comunitaria

G24.gal 11/10/2022 14:57

A estratexia deseñada polo Goberno para reducir o consumo enerxético, tal e como esixe Bruxelas, inclúe 73 medidas en seis bloques.

O principal refírese a medidas de aforro e eficiencia. Recolle recomendacións para os fogares, que contarán con información adicional na factura: incluirá un comparador do consumo no código postal, para facilitar no seu caso o cambio de operadora, e consellos para aforrar.

O plan contempla 500 millóns de euros para impulsar o autoconsumo. Amais, o Goberno traballa nunha proposta para abaratar o consumo das caldeiras comunitarias, que abastecen 1,6 millóns de fogares. E estuda ampliar a protección aos máis vulnerables.

A vicepresidenta terceira explicaba os obxectivos tras o Consello de Ministros: 

"Este plan de continxencia que chamamos Máis Seguridade Enerxética: máis segura, accesible e solidaria. Como podemos ser máis eficaces para canalizar aforro preservando o confort das familias e o tecido produtivo".

O documento si impón obrigas para as administracións públicas, que deberán presentar antes de decembro os seus plans de aforro enerxético. Pero non fai referencia explícita á iluminación do Nadal.

As grandes empresas deberán realizar unha auditoría enerxética cada catro anos. E as pemes disporán dun 'kit verde' para a transición enerxética, con liñas de crédito adicionais.

"Faremos público polo menos unha vez ao mes un sistema de seguimento con indicadores concretos de aforro de electricidade e de gas, e de eficiencia destas medidas", anunciaba Teresa Ribera.

A vicepresidenta terceira di que estas medidas suporán un aforro de entre o 5 e o 13 por cento no consumo de gas. O plan poderá modificarse en función da evolución da situación en Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos