Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno estuda cambios na pensión de viuvez

O Goberno estuda cambios na pensión de viuvez

Abre a posibilidade de que a paga se basee nos anos de cotización do falecido

Elma Saiz celebra o reenchido do Fondo de Reserva e a oposición critica o seu optimismo

Antón Montero 08/04/2024 20:37 Última actualización 08/04/2024 20:52

Elma Saiz compareceu por primeira vez na comisión do Pacto de Toledo para explicar a marcha das 22 recomendacións aprobadas hai 3 anos para mellorar o sistema de pensións.

Informou de que se está volvendo encher o fondo de reserva, que chegou a estar esgotado, hoxe ten 6.000 millóns de euros e a finais de ano estarán nos 9.000. Tamén celebrou a redución da fenda entre as idades real e legal de xubilación.

Explicou que os incentivos lograron duplicaron a porcentaxe dos que atrasan o paso ao retiro. E informou de que desde o 1 de xaneiro, xa son 500.000 os estudantes que están cotizando polas súas prácticas. Saiz avanzou melloras das pensións de orfandade e viuvez.

"Pretendemos estudar a posible utilización dos anos de cotización do causante para calcular a pensión da viúva ou viúvo", dixo a Ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. 

PP e VOX cualificaron e excesivamente optimista a previsión do Goberno sobre a sustentabilidade do sistema, algo do que dubidan institucións como a OCDE ou o Banco de España.

O popular Miguel Ángel Paniagua lamentou que "desde que chegou o señor Sánchez, houbo 90.000 millóns de crecemento da débeda do sistema de Seguridade Social".

Pablo Sáez, de Vox, tirou de ironía: "Ou sexa, endebedarnos en 10.000 millóns de euros non é importante para a sustentabilidade do sistema e obter 2.724 millóns é un éxito: creo que as matemáticas din outra cousa".

O BNG volveu censurar a ampliación do período de cálculo das pensións, que levará, na súa opinión, a un recorte da prestación para os traballadores menores de 50 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade