Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno informará "en cuestión de días" das causas da derruba da A-6

O Goberno informará "en cuestión de días" das causas da derruba da A-6

Raquel Sánchez dixo que o Goberno refrendará o seu compromiso co AVE a Portugal no cumio de Viana de Castelo

A ministra de Tranportes di que aínda non está decidido como será o pago para manter as autovías

G24.gal 24/10/2022 14:56

A ministra de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, manifestou que "en próximos días" dispoñerase do informe provisional das causas do derrubamento do viaduto da A-6.  

"Non deixamos de traballar nin un só día desde que se produciu o incidente do derrubamento, xa declaramos todas as actuacións de emerxencia e en próximos días teremos ese informe provisional que anticipa cales poderían ser as causas" da derruba", explicou, en declaracións aos medios en Vigo, a ministra de Transportes.  

Con ese informe provisional, presentarase "a solución final", manifestou Raquel Sánchez, quen avanzou, en conto dispoñan do documento, convocarase a comisión de información coa Xunta e a Junta de Castetal e León".  

AVE a Portugal

Raquel Sánchez, asegurou que o Goberno de España acudirá ao Cumio Ibérico que se celebrará en Viana do Castelo a principios de novembro a ratificar o seu compromiso coa Saída Sur de Vigo e a alta velocidade, aínda que non quixo adiantar un posible cronograma para esta actuación.

Trátase dun compromiso “máis que público e notorio” dixo a ministra antes de participar nun acto en Vigo, onde asegurou que a parte que corresponde a España está a avanzar.“Conseguimos ambos os gobernos que se inclúa na rede básica ampliada, que nos dá un horizonte de finalización en 2040, somos optimistas e podemos ser positivos e pensar que estará antes, polo menos a parte española”, engadiu a ministra.

Raquel Sánchez non quixo, en todo caso, dar datas porque “se non se cumpren por un mes ou dous, xeran frustracións”.

A ministra referiuse tamén á alta velocidade entre Vigo e Ourense pola variante de Cerdedo e afirmou que os ministerios de Transportes e de Transición Enerxética traballan “en paralelo” para evitar no posible que se freen as actuacións. “Foi este Goberno o que recuperou proxectos que en certo momento paralizáronse ou se puxeron en dúbida, e creo que este Goberno transmitiu certezas e impulso nos traballos, e así imos seguir”, dixo.

A ministra referiuse tamén aos trens Avril para afirmar que “nada fai pensar” que non se vaian entregar no primeiro trimestre de 2023. 

Pago de autovías

Raquel Sánchez insistiu na necesidade de implantar un sistema de financiamento e mantemento da rede viaria do Estado, especialmente a de alta capacidade, e afirmou que este é o momento de analizar todas as alternativas posibles.“Non é agora o momento de aplicalo (a peaxe), é o momento de estudar as alternativas”, dixo.

“Non hai un cronograma de implantación, teñamos primeiro o resultado destes estudos de alternativas, e en función diso explicaremos cal é a opción definitiva e como se vai aplicar”, engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade